Última actualización: 22/10/2026
1. Titular da web
En cumprimento do artigo 10 da Lei 34/2002, de servizos da sociedade da información e de comercio electrónico (LSSI), informámoste de que esta web (cerna.adega.gal), do Proxecto Cerna —revista Cerna, Radio Cerna e CernaTV—, pertence a:
Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA)
- NIF: G-15044811
- Enderezo: Avenida de Castelao, 20 baixo, 15704 Santiago de Compostela
- Teléfono: 981 570 099
- Correo electrónico: adega@adega.gal
- Inscrita no Rexistro Central de Asociacións da Comunidade Autónoma de Galicia, co núm. 2004/7393-1.
- Declarada de utilidade pública por Orde do 24 de marzo de 2017.
- Depósito legal: C-913/1986 · ISSN: 1136-2677
2. Uso da web
O acceso á web é libre e gratuíto. Ao usala comprométeste a facelo de boa fe e conforme á lei: non introducir virus nin programas daniños, non intentar acceder ás zonas restrinxidas e non usar os contidos con fins ilícitos.
Algúns servizos (subscrición á revista, anuncios, boletín) requiren encher un formulario. Os datos que nos deas trátanse segundo a nosa Política de privacidade.
3. Propiedade intelectual
Os artigos de Cerna pertencen ás súas persoas autoras, que autorizan a súa publicación nesta web. Os deseños, logotipos e materiais propios do Proxecto Cerna son de ADEGA.
- Podes citar e enlazar os contidos indicando a autoría e a fonte («Revista Cerna, cerna.adega.gal»).
- As fotografías, ilustracións e audiovisuais teñen os dereitos das súas persoas autoras, indicadas cando é posible; para reutilizalos hai que pedirlles permiso a elas.
Se es titular de dereitos sobre algún contido e consideras que non debería estar aquí, escríbenos a adega@adega.gal e retirarémolo canto antes.
4. Ligazóns a outras webs
Esta web contén ligazóns a outras webs (Issuu, iVoox, Spotify, YouTube…). ADEGA non controla o seu contido nin se fai responsable del.
5. Responsabilidade
As opinións dos artigos son das súas persoas autoras e non teñen por que coincidir coas de ADEGA. Traballamos para que a información sexa correcta, pero pode haber contidos que quedaran desfasados, sobre todo nos números antigos.
6. Lexislación aplicable
Este aviso legal réxese pola lexislación española. Para calquera conflito, as partes sométense aos xulgados e tribunais que correspondan segundo a lei; se es consumidor/a, os do teu domicilio.
