NORMAS DE PRESENTACIÓN DE ORIXINAIS PARA CERNA
A Revista Cerna publica artigos de divulgación sobre calquera temática do eido ambiental, da ecoloxía e do desenvolvemento sustentábel, que fagan referencia ao ámbito galego ou ao global. Se queres que o teu artigo forme parte das súas páxinas, fáinolo chegar a cerna@adega.gal. Deberás redactalo de acordo coas normas indicadas a continuación:
- Na primeira páxina figurará o título do traballo, o máis específico e breve posíbel. De seguido aparecerá o nome da/s persoa/s autora/s xunto co enderezo postal, telefónico e correo electrónico, así como a súa filiación ou condición profesional.
- A continuación figurará un resumo ou presentación do traballo, de non máis de 100 palabras. De seguido, o corpo do artigo, sen marcas de composición. Recoméndase unha breve conclusión ou recapitulación final.
- No caso de incluír bibliografía ou referencias bibliográficas, estas non superarán as 5 en número. No caso de incluír notas, tampouco poderán exceder as 6.
- No caso de engadir táboas con datos ou gráficas, estas deben estar referidas dentro do texto, e toda a información que conteñan debe estar en lingua galega.
- A extensión total, incluído título, resumo, conclusións e bibliografía (se a hai), será de 1200 ou 1800 palabras.
- Agradécese o envío de fotografías (preferibelmente en horizontal) que ilustren o texto, cos seus correspondentes pés de foto -que conteñan información contextual básica- e indicación da autoría. Estas imaxes deberán remitirse en formato .jpg de forma separada do texto e ter unha calidade superior a 700 KB.
ENVÍA A TÚA PROPOSTA DE ARTIGO A:
